4 abr 2012

Retratos da política


José Paz

   Canto pagaría vostede polo seu retrato? José Bono pagou 96.000 euros, e non do seu peto; é a tradición. O pintor, Bernardo Torréns, un descoñecido. O seu predecesor no cargo, Manuel Marín, nun xesto  de gran “radicalidade” mudou o lenzo por unha fotografía de Cristina García Rodero, custou 30.000 euros. O gusto pola arte é extensivo a todo o poder, presidentes do Congreso, ministros, presidentes de Goberno, incluso hai un espazo propio para parlamentarios ilustres. Pero neste país de poder descentralizado o hábito de erixir pinacotecas entre políticos non podía quedar aí, megalómana actitude chegou tamén  ao poder autonómico, provincial e local.
   Historicamente moitos artistas viviron e medraron ao calor do poder,  especialistas en arrimarse aos políticos para que estes soltaran a pita. O gusto foi mutuo. Rotondas, edificios públicos, estancias municipais e provinciais dan fe delo. No caso do Congreso e do Senado, ao marxe da mediocridade dos resultados, son escasas as excepcións de artistas de valía recoñecida que figuran na extensa pinacoteca, que non exentos de polémica, como o retrato de Álvarez Cascos, de Antonio López, polo que se pagaron 194.000 euros na Marlborough, galería na que traballaba a súa actual muller. Dous ex-ministros, Pilar del Castillo e Juan López Aguilar, decidiron, mercé a un autorretrato, deixar constancia das súas habilidades pictóricas.
  O problema desta tradición tan pouco edificante non está no custe, que tamén, senón na arbitraria decisión do interesado de encargar o seu retrato, cuxa motivación seguro non é artística. De facer unha puxa pública polos lotes expostos, o máis probable é que non se recuperarían nin os custes materiais.

  *Publicado no xornal La Región 5/04/2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...