25 abr 2012

Patadas no cu de Europa #Schengen



José Paz
  A vindeira celebración do cumio do Banco Central Europeo (BCE) en Barcelona fará que o Tratado de Schengen pase a ser papel mollado, polo menos durante unha semana, a do 28 de abril ao catro de maio. O plan previsto polo Ministerio do Interior que dirixe Jorge Fernández Díaz pretende blindar as fronteiras con Francia para evitar a entrada dos temidos antisistema, bendito eufemismo.
    Non vou a entrar a valorar a decisión, pero ao tratado en si, ratificado en 1985 na cidade homónima luxemburguesa, que se nos vendeu coma un dos piares da integración europea, fai tempo que lle están a tirar pedras de xeito certeiro. A liberdade de circulación de persoas entre países da Unión Europea era a mellor maneira de visualizar e exhibir a realidade de Europa. Fai un ano exactamente que Sarkozy e Berlusconi nunha cumbre italo-francesa verbalizaron ao unísono a necesidade de reformar o devandito tratado para, naquela ocasión, tralas revoltas árabes, que ámbolos dous gobernos alentaron, evitar que os seus cidadáns fuxiran cara Europa por algunha das fronteiras dos países do sur. Agora é Alemania a que xunto con Francia propoñen, despois de afirmar outra vez máis a súa defensa, que é necesario restablecer de xeito provisional os controis fronteirizos internos ao marxe dos externos.
     Fai tempo que Schengen está baixo sospeita, a sempiterna sospeita dos todopoderosos veciños do norte contra os do sur. Pode que o de Barcelona non sexa máis ca unha metáfora do que está a acontecer. Illar ao BCE das críticas e dos berros para que non teñan a tentación de escoitar e flexibilizar unha postura teledirixida dende Holanda, Austria e Alemania. A estas alturas a ninguén se lle escapa que as pedras no tellado de Schengen son xestos cara os electorados ultras que están cheirando as feblezas europeas agardando a súa oportunidade populista. Non podo evitar as semellanzas e pensar na fracasada República de Weimar e o ascenso de Hitler ao poder; moitas das condicións xa se dan. E mudalas Constitucións non é imposible.  

  *Publicado no xornal La Región 26/04/2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...