12 abr 2012

Espiñas coroadas



Carlos L. Bernárdez, Lito Portela. José Paz
                                    

    O proxecto Estado Critico da sala Alterarte encara a recta final.  Nesta  penúltima intervención,  a instalación escultórica erixida por Lito Portela (Cangas, 1958), contou  coa colaboración, ademais do comisariado de Carlos L. Bernárdez, do músico Xulián Hernández (unha intervención sonora ben desacougante)  e a do escritor e actor Manolo M. Romón.
   O proxecto escultórico aborda  una serie de cuestións comúns á escultura e arte contemporánea en xeral, aquelas que lle afectan ao home e aos modos de relacionarse co mundo. A realidade proxectada a través destas esculturas, unha serie de elementos cuxa utilidade práctica foi anulada - unha escada, un banco, e un marco de espiños- tan só responden a unha intención, a de provocar no visitante unha reacción, a necesidade de reflexionar sobre  a propia realidade que nos vén dada, e as relacións en si mesmas entre os homes  cada vez de maior hostilidade.
   O aspecto crítico da obra de Lito, a mensaxe inequívoca, os lugares comúns que toca, enfróntase tamén as súas propias contradicións, comezando polo feito de presentársenos cun acabado tan exquisito  para lanzar unha mensaxe en si mesma ben crúa. A proxección dunha realidade noutra, a ambigüidade nas referencias visuais, as distorsións de tamaño, a incidencia en aspectos sesoriais son algunhas das armas que fan fascinante a escultura actual, pero esixen dosificarse moi ben en pro de garantir os resultados.

Exposición de Espiñas Coroadas, de Lito Portela. Sala Alterarte, Universidade de Vigo Campus de Ourense, até o 1 de xuño. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...