28 mar 2012

Violencia estrutural


José Paz
Dicía Willian Shakespeare que é mellor ser rei do teu silencio que escravo das túas palabras. A Alberto Ruiz-Gallardón, persoa a que moitos tíñamos por sensata, algúns incluso por moderada, lle está faltando tempo para apropiarse da máxima do inglés. Sempre lle puido certo afán de protagonismo, ás veces incluso megalómano, pero nada que ver co desatino co que se está empregando desde que foi nomeado ministro de Xustiza –mais nunha área sobre a que se lle presumía capacitado-, tempo no que semella querer engrosar no libro Guiness de dicir sandeces.
    Como ministro está no seu dereito de reformar calquera lei, incluso a do Aborto se o cree pertinente, pero que o razoe con intelixencia e se deixe de esmagar o intelecto do sufrido persoal patrio con “xoias” -emulando a Azaña- como “a liberdade da maternidade é a que fará ás mulleres autenticamente mulleres”. Non sei se no seu ánimo está realmente o de protexer ás mulleres, pero o que teño claro é que non o sabe comunicar. Si en realidade o seu desexo é que a maternidade se normalice debería aportar ideas e medidas para que, no caso de que se deran as condicións persoais axeitadas e se estas "libremente" o desexan, as mulleres e os homes poidan asumir unha responsabilidade tan importante coma irreversíbel. E esixir de paso ao Goberno que a Reforma Laboral en curso lle outorgue prioridade ás mulleres que sexan nais, se pór cortapisas as que aspiren a selo, e non obviar as axudas á natalidade como está a acontecer. A normalidade do país e a liberdade dos cidadáns pasa non só por garantir os dereitos senón por adecuar tamén as circustancias, tan importante unha cuestión coma a outra. A violencia Estructural que el percibe é certa, pero erra en que dirección vén.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...