ENFOQUE
José Paz |
José Paz |
José Paz |
José Paz |
José Paz |
José Paz |
Máis alá do curre,
a axenda de David Amor non para, pero sobre todo o que non deixa é
de fuchicar na tablet que leva no bolso; a el ségueno moita xente,
até dezaoito mil en Facebook e seis mil no Twitter, case nada, xa
quixeramos moitos, sen lugar a dúbidas é o prezo do seu vivir
mediático. Pon cara de circunstancia e recoñece que atendelos a
todos dá moito choio. Por iso a ninguén debe estrañarlle o feito
de que ao seu derradeiro espectáculo lle chame “haiPOD”, así
como soa, versión galeguizada do archicoñecido aparello da firma da
mazá.
A
uns o mozo seguro que lles mola polo seu papel de contacontos, a
outros pola súa actividade interpretativa en series televisivas, e a
tod@s porque o de Tui gasta un corpo de impresión, cuxa envergadura
é máis propia dun escolta dos de baloncesto ou dos outros ca dun
actor en cernes; das mans mellor non falamos, xa o advirte el na súa
páxina. Un rapaz “polifacético” que sabe de que vai iso de
reinventarse, ao que non lle gusta ser encadrado, sempre é mellor
diversificar para atopar o verdadeiro camiño. Agora o que realmente
está a buscar é ser actor máis alá das canles televisivas, das
series ou dos coñecidos clubes de “chistosos”, xa sabedes se
alguén por aí está na tesitura de facer unha peli e busca prota o
de Tui anda disposto.
Hoxe exerce para nós
de solista, de crooner que despistou a súa orquestra, ou deses que
camiña sen folgos cara a casa despois dunha noite de troula
“musical”, por suposto, nesta cidade olívica tan pasional sempre
coa música. David elixiu a personaxe de crooner polo seu admirado
Frank Sinatra. A min, a verdade é que me lembra máis ao xenial Dean
Martin, por aquilo de contar algunha historia entre cancións, que
non chistes, que provoque o sorriso do público. “Eu non son un
tipo gracioso, a min o que me gusta é contar historias”. O que si
se percibe é que é un tipo simpático, co que podes pasar un bo
rato.
Por Vigo lle
buscamos o ritmo a esas zonas onde remata a noite, e a veciñanza
loita por conciliar o sono. David sabe posar e explotar ben os seus
case dous metros de altura, tamén gusta de interpretar. Traballamos
segundo o guión previsto, o resultado á vista. David está cheo de
posibilidades.
Publicado en La Revista 25/03/2012
No hay comentarios:
Publicar un comentario