O título é un
agasallo de María Forqué, xa saben esa moza frívola filla de papá, amante de
Loewe, que non a rasca e que vive coma deus. A estas alturas, que a campaña de
Loewe levantou burbullas é unha evidencia, máis nun momento no que o que se
leva é facerse o hara-kiri cada mañá ante o espello.
Un actor lle dá
credibilidade ao seu papel cando creemos o que nos conta. Nunha película hai
directores, escritores e un amplo elenco de xente que traballa para que todo marche.
Na publicidade tamén, convén lembralo. O discurso de Loewe rememora o vello
tratado marxista da alta e baixa cultura e a sociedade de clases. O luxo nin
está nin estará en crise, porque non está ao alcance de todos. A publicidade
cicela no noso subconsciente creándonos necesidades que antes non tíñamos, anhelando
o consumo de obxectos perfectamente prescindíbeis como se a vida sen eles non
fora posible. Cada quen que pense cal? O éxito do pirateo no top-manta non medrou
por garantir a integración dos sen papeis nin para exorcizar ese racista que
levamos dentro, non, senón para implantar o pego.
Hoxe as redes precipitan
a superficialidade nun entorno confuso no que o difícil é elaborar un discurso
propio e o mais sinxelo é deixarse levar pola crítica insulsa, a arenga barata
e a reflexión –un me gusta- todo a cen. Todo é guay. É iso ser libre? Se eu
fora publicitario a miña máxima aspiración sería a de facer un anuncio
–provocación- coma o de Loewe que incitou o autoflaxelo no millón de persoas
que, nas antípodas de ser destinatarios da marca, caeron na trampa e amplificaron
a mensaxe até o infinito; a publicidade non fabrica realidades senón que marca tendencias,
crea soños. Igualiño que os actores de Loewe non son pijos, ou si, eles actúan
para xerar un aparente relato biográfico como o que aparentemente callou na
rede. Xa sabedes, “Spain is different”. Me encanta Loewe.
*Publicado no xornal La Región 22/03/2012
No hay comentarios:
Publicar un comentario