8 feb 2012

Oculta-la cámara

   
                                                                                            José Paz

recoñezo, xamais lles atopei a graza. A proliferación durante anos de programas de humor nos que a través dun cebo se ridiculizaba aos viandantes -recorrendo aos instintos máis baixos- resultábanme noxentos. Igual que aqueles outros de mecánica idéntica, agocha-la cámara e suplantar a identidade, que medraron tamén na rede catódica baixo a rechamante denominación de xornalismo de investigación; parapsicólogos, curandeiros, clínicas de estética diseccionados sen anestesia en improvisada mesa de operacións coma contaxioso enfermo sen cura, para xustificar ao final, real ou non, un suposto delito; o importante era vender a cousa coma exclusiva. En defensa da metodoloxía empregada hai que sinalar que algúns deles, os menos, destaparon corruptelas, redes de narcotráfico ou prostitución.
A recente sentencia do Tribunal Constitucional contra o canal público valenciano, na que amparándose no dereito á intimidade e o da propia imaxe das persoas implicadas nas reportaxes, adoptou a prohibición sobre o uso das cámaras ocultas para a práctica xornalística, supón un duro revés para o xénero de investigación. Non hai prohibición boa, pero  cabe quizás unha reflexión ou lamento. Desde a aparición deste tipo de “mecánicas” basicamente televisivas, o desenrolo do oficio derivou cara unhas prácticas amarelas que foron gañando terreo coa premisa de captar audiencia, excesos que propiciaron lodos coma a sentencia de marras. As cadeas repartiron demasiada prea en prime time coa xustificación de que iso era o que o público demandaba, e era certo, así de simples que somos, e cada vez máis. Agora coma se di vulgarmente pagarán xustos por pecadores, esquecendo unha cuestión importante, que a cámara oculta non é a culpable, e que exercer o xornalismo tampouco é delito, salvo que te pases por paciente, enfermeiro, prostituta ou camelo. Velaí a clave.


 *Publicado no Xornal La Región 9/02/2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...