7 feb 2012

As escenificacións de Jeff Wall

The Crooked Path” ao marxe de se corresponder co título da última mostra que ao autor canadense Jeff Wall (Vancouver, 1946) lle dedican no CGAC, é tamén o título dunha obra homónima que a modo de metáfora reflicte as pegadas no chan do transitar errático do home (e o artista ) nun solar do extrarradio no que ao fondo se ve unha nave comercial e algo máis próxima, un conxunto de colmeas.

Édouard Manet, Almorozo sobre a herba, 1863

Jeff Wall, A narradora, 1986

 

          A obra de Wall está enmarcada dentro da prolixa escola de Vancouver, con autores tan interesantes na liña foto-conceptual de Roy Arden ou Ian Wallace, escola que reflicte a rica actividade cultural na cidade canadense durante un amplo período de interrelación entre artistas de todo tipo de correntes e procedencias. Xunto coa práctica conceptual, outra das herdanzas da escola de Vancouver son os foto-tableau de grandes proporcións a imaxe e semellanza da pintura, e o desenrolo do soporte cara unha manifesta obxectualidade.
          Todo o universo Wall instálase nas tres salas do edificio de Álvaro Siza cun propósito relacional e didáctico, segundo a premisa do comisario Joël Benzakin. 25 obras en gran formato da súa extensa carreira comparten escenario con outras 130 de diversos artistas nas que o canadense atopou conexión aínda que tan só fose intelectual, das que destacaría a de Lawrence Weiner, do que se cicelou un cadrado na parede da sala, eliminando todo aquelo que se puidera relacionar coa representación. Tamén salientable a achegada de Carl Andre, Stella, ou o propio Arden.
          Persoalmente penso que un dos maiores logros deste gran fotógrafo atópase nas proxeccións imaxinarias, nas conexións artísticas que dun xeito intelectual quedan suspendidas no ar para dar pé a múltiples lecturas. A conexión con outros autores, basicamente pintores figurativos, é máis que evidente. As escenificacións establecidas polo canadense, ao marxe de cuestións propias do seu entorno cultural, como puideran ser o surrealismo, adquiren conexións mentais coa dialéctica moderna, con pintores como Manet ou Cézanne. A destacar unha das obras máis impresionantes, en canto a tamaño e composición “A Narradora”, na que aparecen a carón dunha ponte unha serie de actores, toda a súa fotografía é escenificada, estratexicamente dispostos ten claros acenos á obra de Manet, “Almorzo sobre a herba”, comezando pola disposición e a pose do grupo de persoas da esquerda do cadro.
          En fin, despois dunha seca expositiva no CGAC de máis de dous anos, esta exposición dedicada a Wall non resarce de nada, pero si fainos recobrar a esperanza.

“The Crooked Path”, de Jeff Wall. 

CGAC, Santiago de Compostela, até o 26 de febreiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...