20 ene 2012

O Costa Concordia e outros naufraxios



 As  imaxes de satélite resultan sempre fascinantes, a bo seguro polo que describen, apórtannos  unha visión que dende terra non temos. Imposible esquecer, trala bágoa de incendios do ano 2006, como foi o satélite quen evidenciou o que dende a terra xa intuíamos, que o país ardía de norte a sur. Coa imaxe  do naufraxio do cruceiro Costa Concordia pásanos o mesmo, evidencia varias cuestións, que por grande que algo sexa nada é infalible, e que unha cidade flotante con 58 suites, 1500 cabinas, 5 spas, 5 jacuzzis, 5 restaurantes ecatro mil almas a bordo, é case do mesmo tamaño que a da propia costa na que quedou encallada.
  Descoñezo onde está  o pracer de viaxar nunha cidade flotante rodeado de miles de seres ávidos de emocións, o que intúoo é cal pode ser a sensación de quedar, na inmensidade da noite, a escuras e escorado tralo impacto nas rochas, máis no centenario do afundimento do Titanic. Do capitán, mellor non falar, parecese demasiado aos responsábeis de tantas  incertezas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Envolturas de silencio

E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...