 |
Gotthard Schuh |
Hai autores que a través da imaxe fotográfica descóbrennos o mundo, fannos literalmente sentir e valorar o que temos máis preto. Autores inquedos por natureza que reinterpretan a realidade pasándoa polo seu tamiz, someténdoa a unha particular balanza. Miradas cheas de poesía e expresividade artística que lle dan gran forza ao medio e que o poñen a un nivel de moita altura.
Gotthard Schuh (Berlín, 1897-Kusnacht, 1969) autor suízo que temos a oportunidade de disfrutar até o 29 de febreiro na sede madrileña da Fundación Mapfre é un deles. Pioneiro do fotoxornalismo moderno soubo mirar máis alá e aportarlle a emotividade e a sensibilidade psicolóxica necesaria a unhas imaxes que rapidamente se identifican co el. Da atmósfera que moitas delas destilan emerxe un universo persoal que incide en todos nós e a partir do que moitos outros partiron, entre eles o mesmísimo Robert Frank, presente tamén na mostra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario