Necesito navegar, sentir a friaxe no meu rostro e a
humidade na alma. O mellor das viaxes é facelas
con naturalidade, deixarse levar como fan os náufragos cando se lles esgotan as forzas. Viaxe cara ningures, viaxe na
memoria vespertina que é a que te leva máis lonxe, quizais cara Terranova, por que non, onde se dirixían aqueles vellos mariñeiros vascos na procura do
bacallau, eses si que eran homes curtidos na viaxe. Viaxes cheos de humidade e
de silencios interiores, de ausencias. Sen cartas de navegación, nin útiles
mariños. Penso por un momento cómo sería
aquilo de vivir no interior dunha balea,
cómo o golpear do corpo malferido contra
as paredes frías do cetáceo e descubrir
que este anda malferido, que aínda resiste na súas costas o aceiro arroxado
dende a escuridade . É probábel que o náufrago
xa non vexa nada pero si que percibirá os sons dende a profundidade do océano. Seguro que é así, porque todos
andamos na procura das sinais que nos aporten esperanza. Despois será silencio.
18 dic 2011
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Envolturas de silencio
E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...

-
Iconos Imagen: Jeff Koons y Cicciolina, "Ponies", 1991 Autor: Jeff Koons Jeff Koons y Cicciolina Jeff Koons J e...
-
Iconos Foto : Diane Webber, 1956 Autor : Peter Gowland Foto : Diane Webber A Diane webber (Los Á...
No hay comentarios:
Publicar un comentario