![]() |
José Paz |
Hai profesionais
aos que non lles perdoariamos un erro, da súa labor depende a tranquilidade de todos.
Imaxinémonos que un bombeiro chega tarde a un incendio, que o sarxento ao mando
falla na estratexia e acontece unha desgraza. A reacción dos afectados –non é a
primeira vez– sería contraria e animicamente insoportable para os implicados, ao
marxe das responsabilidades xudiciais. Por outro lado bombeiros, igual que tantos
profesionais, teñen protocolos de actuación, nos parques adéstranse e utilizan
simuladores dos posibles acontecementos aos que se terán que enfrontarse na
vida real.
A un servidor, xa
coa vestimenta de mínimos camiño da praia, a comparecencia no Congreso de Luis
Linde, gobernador do Banco de España, lle resultou con matices ben parecida a
unha desas charlas que acontecen nunha desas universidades de verán, nas que se
fala con distancia do curso académico. O mosqueante foi a inicial alusión á
dificultade do momento, unha eximente? Agardo que non lle aconteza como a
tantos economistas que cando se lles pregunta polos erros de diagnose, responden
que eles non son adiviños. Non facía falta selo para descubrir que a banca presa
da euforia sufriu unha queimazón na metade da década pasada, derivada da
implosión vivida nos tempos da loucura financiada a créditos alleos, a maior
parte, de entidades francesas e alemás, as mesmas que agora queren cobrar. É
certo que todo aquilo era novidoso paras as entidades, faltaría máis. Que a
deriva por urbanizar todo, entrampou aos concellos, deputacións e ás
Comunidades autónomas en tempos dos gobernos de PP e PSOE. Que as provisións
anticíclicas de Caruana foron breves como a brisa a carón do mar. Que a MAFO,
lle preocupaba todo menos o seu labor. Agora Linde entra en escena cunha diagnose
clara, que non pasa por outra cosa que recoller os cadáveres tralo incendio e
dar o pésame ás familias coma se fose un drama natural e non un incendio por desleixo
no oficio.
*Publicado no Xornal La Región 19/07/2012
*Publicado no Xornal La Región 19/07/2012
No hay comentarios:
Publicar un comentario