28 dic 2011
O Rei espido?
Está claro que o 2011 fíxonos máis iguais a todos, non en cartos, si en tristura e amargura. Un ano cenzo, incluso para A Coroa e O Rei Juan Carlos, quen seguro evocou para si nalgún momento aquelo de terra trágame, inimaxinable nun home de tanta altura. Ano malencarado, sempre a mercé dos cartos, tamén para el, co engadido de que o home xa non está para sustos. Un hematoma ocular lle aportou un rabioso look rockero, antes dúas operacións que deron lugar a infinidade de lerias, non esquecer aquela xenialidade de que “algúns xa me vían en caixa de pino”, agora os molestos furúnculos por vía político-filial, aínda que estes viñeran de lonxe.
Todos presentíamos que algo ía suceder, a foto de Zapatero e Rajoy o sinal inequívoco. A noite do 24 non era a de sempre, se lle notaba até na faciana de home entrañable sentado preto da arbore a hora da cea, e así o foi. Ou non, porque do que dixo que todos comprendemos ou eso pensamos, despois engadiu que non, ou que si, pero que non tanto. O que seguro sentiu foi a ausencia dos seus, o desarraigo familiar na figura daqueles que un día mandou literalmente a traballar tan lonxe coma a Washington, a mercé das súas influencias que non dos méritos. Pero o ano foi tan malo que por se non fose pouco co escándalo do xenro deportista, ou a consecuencia de, víronse tamén obrigados a publicar as contas reais coma se de plebeos ensinando os bolsos ao pasar pola aduana se tratase, e todo iso o mesmo día dos inocentes; outra máis. A estas alturas xa sabedes que a súa maxestade e o Príncipe non pasan apuros, que de momento de emigrar nada, 292.752 euros brutos para el, 146.376 euros para o Príncipe, e 375.000 euros, o último ano, a repartir entre a Raíña e as Infantas, co resto dos gastos cubertos, todo é caixa. A cruz é que o salario mínimo interprofesional neste país é de 641 euros.
Publicado no xornal La Región o 29/12/2011
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Envolturas de silencio
E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...

-
Iconos Imagen: Jeff Koons y Cicciolina, "Ponies", 1991 Autor: Jeff Koons Jeff Koons y Cicciolina Jeff Koons J e...
-
Iconos Foto : Diane Webber, 1956 Autor : Peter Gowland Foto : Diane Webber A Diane webber (Los Á...
No hay comentarios:
Publicar un comentario