Morreu o pintor ourensán Virxilio ós 86 anos de idade
O pintor da melancolía, das paisaxes sentidas, Virxilio
Fernández Cañedo, Virxilio, Ourense (1925), morreu onte tras unha longa
enfermidasde. Foise en silencio. Facía anos que a enfermidade privounos
del, do disfrute de cafés largos, de fermosas conversas e viaxes
imaxinarias, de compartir a paixón polo oficio.
Virxilio foi un pintor sincero, un gran mestre do debuxo, un home
que vivía para o que máis lle gustaba que era a pintura e para que
todos nós gozáramos do seu traballo. Tiven oportunidade de compartir
fermosos e intensos momentos con el; instantes inolvidables xurdidos a
raíz da mostra que fixo no Centro Cultural da Deputación de Ourense coa
que se mostrou tremendamente entusiasta, parecía un mozo, unha ledicia
velo tan vital, con tantos folgos. Despois viñeron outras mostras e o
merecido premio de Celanova, Casa dos Poetas. O seu interior non quería
parar, el era así, incluso case o final seguía en disposición de pintar.
Virxilio foi un home cosmopolita, que experimentou o oficio en Francia e en Alemaña, expuxo en varias ocasións no país teutón e foi aí onde tivo galería comercial moito tempo. A súa pintura era sentida, de corte clásico e doce, moi sensual. Soubo recoller o mellor da arte galega, de pintores como Colmeiro, e outros, pero tamén das correntes europeas da época, incluso tivo unha etapa adicada ao informalismo, cando en Galicia se descoñecía tal corrente.
Vaise un dos grandes ao que a historia lle ten reservado un espazo con maiúsculas. El vaise, pero quéda o legado, un traballo amplo, inspirado no que a el lle gustaba: a paisaxe, o mar, o jazz, as mulleres fermosas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario