Imaxino que a sesión de onte no Congreso na que se debatía a reforma constitucional foi para Alfredo Pérez Rubalcaba algo máis que un trámite estraño; un trago ben amargo. Mediada a sesión e acompañado da resaca negociadora do día anterior lle espeta a José Luis Rodríguez Zapatero, “me voy a tomar un café, que me duermo”. O máis probábel é que fora sen Azucre.
31 ago 2011
30 ago 2011
29 ago 2011
Estambul, un destino estupendo, até o 11 de setembro no Museo do Pobo Galego
Ter nación, ter orixe, ser nacido: medrar nunha particular banda sensitiva para ser, ser, ser// Xénese un mundo, para sentir, sentido. Anacos dun abecedario, de Chus Pato.
Humboldt
A paisaxe é unha paixón sensorial que se ve e se escoita apaixonadamente. A composición romántica do mundo entraña a experiencia estética con mediación do coñecemento. Somos o que pensamos.
Pode que todo este traballo non deixe de ser una simple declaración de intencións, un exercicio de resistencia creativa, unha exploración da identidade persoal a través da paisaxe. O que si teño claro é que a paisaxe é froito do coñecemento, unha construción socio-cultural, incluso mental; o concepto de natureza é outra cousa. Dez anos de ensoñacións, de loita individual por atopar unha realidade a base de transitar, de recoñecer, de establecer unha forma de coñecemento e de recoñecemento do territorio. Ás veces sen ter claro o sino, pero deixando que a verdade emerxa, que esta sexa quen te descubra e te atrape a través dos estados de ánimo, tan importantes á hora da exploración do territorio.
É unha obviedade que a globalización non nos fixo máis libres, pode que nos conectara directamente ao mundo das mercadorías e o das redes , tan luminoso e “democrático” el, pero a costa de perder certas cousas para min pertinentes, a identidade, a cultura, o idioma. Todo é agora un maremagnum de ideas apresuradas e febles, un rebumbio no que todo é semellante, instantáneo, aparentemente reflexivo e dixital. No medio deste caos as ideas e a cultura de balde achégasenos febril e indixesta, no medio da voráxine de mercados, mercadorías e números corremos o risco de esquecernos do traballo e do legado que nos dá sentido como homes, Pobo, País ou como queirades chamalo. Na era do dixital adquiren novamente interese eses mundos analóxicos e físicos que algúns queren denostar. E non é nostalxia, nin unha aposta polos localismos, é a necesidade de enfrontarse á fisicidade dos elementos, de sentir as atmosferas, o inmaterial dunha cultura que ven de lonxe.
Nesta viaxe autobiográfica e creativa sinto a emoción dalgunhas das pezas antigas como as de “Pais Celta” de principios do ano 2000, primeiro exercicio de introspección no territorio a través da man do home, da súa pegada , dese índice lumínico sobre a paisaxe nocturna. A relectura unha década despois obrígame a repensar o que nesas imaxes está recollido e que casualmente penso que atopan gran conexión e sentido con pezas recentes como a da Coieira, a nivel creativo e persoal chea de achádegos. Como unhas imaxes, ao marxe de representar unha acción determinada pódense complementar con outros elementos e visións incluso facer do espazo da intervención a verdadeira peza artística, xogando co absurdo en si mesmo xa que este despois da súa inauguración, despois de ese simbólico valeirado voltou a pecharse en si mesmo facendo que a natureza se apropiara novamente de el.
“Non quero falar de Estambul”, ao marxe de facer un percorrido por algunha das pezas, por distintas series que me axudaron a darlle forma a un proxecto e entender un mundo que me foi legado e ao que admiro e quero, e ao que trato de aportarlle outras visións e coñecementos, explora agora novas liñas polas que penso que está a camiñar o meu traballo. Sirva de exemplo a instalación “Non quero falar de Estambul”, homónima ao título da mostra, coa que está en min abrir novas vías de exploración sensoriais e a complementar a mirada en moitas direccións. Nesta exposición para o Museo do pobo Galego quixen tamén que as pezas da súa colección tiveran presenza establecendo un diálogo, incorporándoas á mostra, un diálogo breve porque non se trata de construír un bazar
“Non quero falar de Estambul”, ao marxe de facer un percorrido por algunha das pezas, por distintas series que me axudaron a darlle forma a un proxecto e entender un mundo que me foi legado e ao que admiro e quero, e ao que trato de aportarlle outras visións e coñecementos, explora agora novas liñas polas que penso que está a camiñar o meu traballo. Sirva de exemplo a instalación “Non quero falar de Estambul”, homónima ao título da mostra, coa que está en min abrir novas vías de exploración sensoriais e a complementar a mirada en moitas direccións. Nesta exposición para o Museo do pobo Galego quixen tamén que as pezas da súa colección tiveran presenza establecendo un diálogo, incorporándoas á mostra, un diálogo breve porque non se trata de construír un bazar
27 ago 2011
Unha de xudeus
As festas de raíz histórica perverten a propia historia dos pobos, pero a quen lle importa se non hai mala fe. Nesta Festa da Istoria de Ribadavia, escríbese así, sen h, porque si -seguro que alguén que con moita vontade historicista atopou as razóns pertinentes- honrouse hoxe ao pobo xudeu, romano, viquingo ou ao que estivera máis a man.
25 ago 2011
Gustas de Trending Topics?
Creo que o vertixe e o absurdo viñeron para quedarse, apoderáronse das nosas vidas e teremos que convivir con eles. Gusto das bromas, máis non chanceo. Fai uns días almorzamos coa nova de que Epi e Blas, ilustres personaxes da infancia de moitos de nós, desmentían o seu enlace, vamos eles non , os responsables do vetusto Barrio Sésamo que dixeron que de homosexualidade nada de nada, que non habería voda e que tan só se eran bos amigos. Tamaña paranoia a qué responde? Días antes un ilustre internauta de Illinois, Lair Scott, alimentou a proposta nunha canle de internet e esta botou lume.
A rede está chea de temas de interese, pero tamén de frivolidades manifestas, a vida é así. A última que eu lembre foi a xurdida trala agresión de Mourinho a Tito Vilanova, resulta que na imaxe difundida dos feitos figuraba un hierático home con bigote, #eldelbigote foi o trending topics (TT) do momento. Todos estes termos acompañados dunha # son propios do Twitter, unha bomba da comunicación xurdida fai cinco anos en San Francisco e cuxo mecanismo, 140 caracteres por tuits, encheu o planeta de filosofía de todo a cen.
#Spanish Revolution, #Acampada Sol e moitos outros, o responsábel elimínaos despois dun tempo, aglutinaron as convocatorias do15-M, uns dos trending topics máis usados. No feito da repetición do termo na rede radica o éxito dos trending topics. Algúns meritorios, como o recente de García Lorca, non porque non o mereza; outros previsíbeis como a morte de Michael Jackson, os papeis de Wikileaks, as revoltas árabes. O último e polémico xurdiu como a pólvora, despois da escenificación entre Zapatero e Rajoy para limitar por lei o teito de gasto, aldraxada a Constitución, instantaneamente apareceu un #yoquiero votar. É cho que hai.
Publicado o 25-08-2011 no diario La Región.
21 ago 2011
“O fútbol é para homes”
“O fútbol é para homes”, desafiante argumento empregado por Mourihno tralos incidentes do encontro da Supercopa entre o Madrid e o Barça, partido que non vin en directo, o interese que desperta en min o fútbol é ben escaso, pero do que non me librei despois porque o mundo do balón arrasa en todas as pantallas. Hoxe, neste tumultuoso mes de agosto, será un día moi estraño para a familia do fútbol, ca maquinaria informativa en marcha, unha inédita folga de xogadores deixa orfos de balón televisivo a medio país de futboleros; esta, ameaza con estenderse a outra xornada máis. Imaxinádevos por un momento o drama que sería para todos nós de non chegar a un acordo.
20 ago 2011
Camiño da verdade
As verbas crean imaxes, as imaxes crean ideas, e as ideas serán o motor de comportamento. Que a “radicalidade cristiá” defina as actuacións, que a “verdade” sexa o destino das vosas pescudas dicía onte Benedicto XVI alentando aos participantes das JMJ. Cústame atopar a “verdade”, palabra por certo de amplo percorrido; transcendente e espiritual como poucas, subxectiva e obxectiva a un tempo, destino de mil debates filosóficos. Camiño da verdade ollei cara as imaxes do viacrucis proxectado onte polas rúas de Madrid, fermosa iconografía mortuoria en plena canícula. Estou seguro que xa algúns políticos, aproveitando a emoción, o marketing do instante, e a bendición papal, xa caeron na tentación de estender a Semana Santa ao mes de agosto.
19 ago 2011
Quen dixo que os pitos non poñen ovos?
Hai moitas maneiras de pechalos ollos, case tantas como razóns para facelo. O mellor é non caer na tentación. Por certo, quen dixo que os pitos non poñen ovos? Ou é que se poñen ovos deixan de ser pitos?
17 ago 2011
Quen dirixe ao Papa?
As protestas dos contrarios á celebración das JMJ non lle agradan a Igrexa Católica, institución por outro lado acostumada ás criticas, aínda que creo que outras opinións, por vir de onde veñen, seguro que lle doen un pouco máis. O portavoz de Redes Cristiáns, Enrique Villar, unha institución de rúa, nas antípodas da moqueta e das rexas douradas, cualificou pouco menos que de disparate o dispendio que custa a visita do Papa, así como o feito de que un xefe de Estado acuda a outro país –democrático e laico- a criticar as súas leis. Pero son máis as institucións cristiáns que non participan das formas do JMJ, todas elas acostumadas a convivir en silencio e traballar cos máis necesitados, mentres as elites, institucións como o Opus Dei, os Neocatecumenais, etc. teñen o predicamento.
Creo que dende o ano 1985 no que Juan Pablo II puxo en marcha estas xornadas mudaron moitas cousas. Xa sabemos que Igrexa Católica como institución é capaz de mobilizarse como ningunha, facer recuar decisións políticas lexitimamente aprobadas que, aínda que moitas atentan contra a moral católica, foron promulgadas por gobernos democráticos, precisamente o debe dunha institución inmobilista e pouco permisiva coa intromisión de críticas alleas.
Un que foi educado no respecto e na tolerancia, e que valora a labor desenrolada pola Igrexa pensa que, unha exhibición de forza de este nivel, pódese contemplar máis como un exercicio de maiúscula arrogancia que como acción puramente evanxelizadora. Na era das novas tecnoloxías, máis para a mocidade, inmersos nun momento de estreiteces nas sociedades desenroladas, a fame manifesta en amplas areas do planeta, debemos medir a racionalidade dos actos, humanizalos, e non crear macro eventos que nos fagan sentir divinos cando non somos máis que homes.
Publicado o 18/08/2011 no diario La Región.
15 ago 2011
Homo relixiosus
De neno as escenificacións propias da liturxia católica resultábanme tediosas, tal vez porque percibía nelas elementos estraños ou directamente incoherentes, tamén, porque era un mundo reservado aos adultos cuxas explicacións eran pouco convincentes e nada atractivas.
De todas elas as máis interesantes eran sen lugar a dúbidas as procesións, porque os que participaban nelas eran coñecidos ou xente directamente da túa familia; tamén porque, o feito de discorrer ao redor da igrexa, lles outorgaba un certo sentido narrativo que as facían aparentemente máis comprensibles. Os tempos mudaron e o marco hoxe, aínda que se lle parece, xa non é o mesmo, o que se segue a representar nese camiñar lento e cansino propio da liturxia católica, está cheo de elementos alleos que me enchen, se non de fe, si de curiosidade antropolóxica. As imaxes corresponden á procesión da Ascensión de Vilar de Flores (Allariz), 15-08-11.
Homo Videns
Non é ficción, simplemente unha mirada preñada de ironía dunha sociedade que se persegue a si mesma. Tódolos personaxes son reais, voluntaria ou involuntariamente interpretando un papel.
10 ago 2011
Canto pagaría por se bañar?
É sabido que o modo de formular unha pregunta, que llo digan aos que fan as enquisas, condiciona a resposta. Estes días reabriuse o debate de pagar ou non polo uso das termas municipais, se ti saes a rúa e expós a cuestión imaxínome de inmediato a resposta, pero as cousas non son así de sinxelas. Fai moito tempo que en Ourense se fala de termalismo, das súas potencialidades, sector estratéxico clave sobre o que ha de pivotar un modelo económico sostible cara o futuro, que xere emprego de verdade e reciba un turismo de calidade ao longo do ano. Case nada.
Que a natureza outorgounos unha riqueza termal de primeiro nivel salta á vista, hoxe os paseos do Miño son un regalo, as infraestructuras termais erixidas a carón del, ademais de dignas, proxectan unha icona perfecta da nosa imaxe no exterior. En determinadas épocas do ano as infraestructuras erixidas quédanse pequenas, as loanzas cara elas son maiúsculas, pero cabe unha pregunta, por boas ou por ser de balde?
Quen acude ás augas termais busca nelas valores curativos, de saúde e sobre todo unha tranquilidade que lle axude a liberalo estres, a estar en equilibrio ca natureza. Complemento da medicina tradicional? Por que non? En Francia as estancias en balnearios son dispensadas polo sistema de saúde. As termas non son balnearios pero comparten a mesma filosofía e son complementarias coas infraestructuras existentes e as que se van a crear, públicas ou privadas. Garantir unha calidade nos servicios require controlar os accesos, corrixir conductas inapropiadas –no son piscinas, nin áreas de pic-nic-, evitar que o aforo se sature e a hixiene fuxa. As termas creadas teñen un custe importante, pagar polo servicio é unha boa maneira de valoralo, de definilo modelo, de proxectar a imaxe de cidade termal e de calidade, non competidores low cost, e que estas dinámicas sirvan para implementar outros servicios. En resume, ser unha alternativa económica.
Publicado no diario La Región 10/08/2011
3 ago 2011
Agostos luctuosos e outra herbas
Lonxe da miña intención ser gafe, nin baixarlle o ánimo a aqueles que gozan do seu merecido descanso, pero o mes de agosto – non hai máis que botarlle unha ollada á hemeroteca- é tradicionalmente un mes onde os sucesos e as novas truculentas resoan especialmente. Tal vez, porque as outras novas foxen en estampiña praieira coma o resto dos mortais. Recoñezo que os sucesos non me apaixonan, pero, tampouco me gusta ver xente en chanclas e traxe de baño pola rúa e hoxe forman parte da paisaxe; o que en praia América sería normal, non o é na Praza Maior e menos no Paseo.
Dicía que tradicionalmente agosto muda a pel do xornalismo é nútrese de festas, eventos lúdico festivos e artigos de fácil dixestión. É nese páramo informativo cando as novas sanguinolentas emerxen con rabia, por pillarmos indefensos. Reconto de memoria sucesos que aínda rebolen no meu maxín estival. Foi un 31de agosto de 1997 cando o mundo se detivo porque, no medio dunha fuxida amorosa, Lady Di acompañada de Dody al Fayed esnaquizouse a testa contra un piar dun túnel . Os galegos xamais esqueceremos aquel terríbel agosto do 2006, Galicia ardía polos catro costado e as novas semellaban ser un parte de guerra. En agosto tamén tiveron lugar os sucesos de Puerto Hurraco, dous irmáns liáronse a tiros e demais cos seus conveciños; o accidente de Spanair, no que morreron 154 persoas; a riada de Biescas, na que un torrente enfurecido pola tormenta arrollou un cámping cheo de xente, morreron 87 persoas. Non son sucesos menores pero estaredes comigo que nestas datas a caixa de resonancia que son os medios, atiza máis forte. Oxalá que este ano os argumentos foran única y exclusivamente lúdico-festivos, aínda que me temo que, o tema da prima de risco, o rescate do país e, outras herbas, van a ser un petardeo semellante ás cancións de Georgie Dann. De entrada o presidente do Goberno atrasou as vacacións.
Publicado no diario La Región 3/8/2011
Publicado no diario La Región 3/8/2011
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Envolturas de silencio
E l invierno envuelve cada rama entrelazadas entre sí por el frío y la niebla que lo atrapa todo en un escenario de aventura. Todo es ...

-
Iconos Imagen: Jeff Koons y Cicciolina, "Ponies", 1991 Autor: Jeff Koons Jeff Koons y Cicciolina Jeff Koons J e...
-
Iconos Foto : Diane Webber, 1956 Autor : Peter Gowland Foto : Diane Webber A Diane webber (Los Á...